Monday 29 de April de 2024

Corenta nenos e nenas participaron na Festa de Entroido do Concello de Frades


Corenta nenos e nenas, acompañados dos seus pais e nais, participaron na Festa de Entroido organizada polo Concello de Frades. Unha actividade levada a cabo por Vagalume Ocio e Tempo Libre e que contou coa inestimable colaboración da ANPA O Fopo do CPI Ponte Carreira, que se encargou de achegar unha merenda de Entroido con chocolate, filloas, orellas e rosquillas para todos os presentes.

Entre as catro e as sete da tarde, o edificio multiúsos de Cimadevila acolleu unha Festa de Entroido con obradoiros de máscaras e de maquillaxe, así como música e xogos para os nenos e nenas. Ademais, todos os nenos e nenas que asistiron disfrazados levaron unhas lambonadas para comer na casa. A festa contou coa presenza do alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.